Thursday 02 de May de 2024

Aprobada a Conta Xeral do Concello de 2021


O pleno municipal aprobou a Conta Xeral do Concello de Oleiros correspondente ao exercicio 2021. Tamén foron aprobadas diversas modificacións fiscais relacionadas coa creación da empresa municipal de auga, así como a ampliación das zonas para reservas de vía pública para entrada, aparcadoiros exclusivos e carga e descarga de mercadorías.